Ir arriba

Xoves, 28 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Mércores, Xoves, 28 de Marzo do 2024

Bando 12/2017: Programa vivendas baleiras - Subvencións a vivendas incorporadas ao Programa

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
Bando 12/2017: Programa vivendas baleiras - Subvencións a vivendas incorporadas ao Programa

FAGO SABER que a pasado 7 de marzo de 2017 publicouse no Boletín Oficial de Provincia de Ourense nº54 a aprobación do Programa de Vivendas Baleiras de Castrelo de Miño dentro do Plan Galego de Rehabilitación, Alugueiro e Mellora do Acceso á Vivenda 2015-2020.

Este programa permite, mediante xestión do concello e coas garantías ofrecidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (seguro de fogar e contra impagos), a posta a disposición para aluguer de vivendas sen uso por parte dos propietarios así como a incorporación daquelas persoas interesadas en alugar unha vivenda en Castrelo.

Ademais o pasado 29 de maio de 2017 foi publicado no Diario Oficial de Galicia (nº100) a subvención do Programa Realuga dirixidas ás vivendas que se incorporen ao Programa de Vivendas Baleiras.

Estas axudas poderán acadar os 5.500 euros e destinarse á rehabilitación e acondicionamento de vivendas para garantir a súa habitabilidade.

Para maior información sobre este programa, tanto dos propietarios das vivendas como das persoas interesadas en alugar unha vivenda en Castrelo de Miño así como para informarse sobre a subvención dispoñible, pode dirixirse ao servizo municipal de Urbanismo e Servizos Sociais ou a través do correo electrónico urbanismo@castrelo.org.

O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 14 de xuño de 2017.


Xurxo Rodríguez Méndez 

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com