Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Xunta de Goberno

Conforme á Lei de Bases do Réxime Local, a Xunta de Goberno Local existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes. Nos de menos, como é o caso de Castrelo de Miño, existirá se o dispón o seu regulamento orgánico ou así o acorda o Pleno.

O Concello de Castrelo de Miño conta con Xunta de Goberno tras a súa aprobación no Pleno extraordinario celebrado o 19 de xuño de 2015. Esta é a encargada da asistencia ao Alcalde no exercicio das súas atribucións, ademais das demais que aquel delegue, e en particular:
  • Das declaracións de lesividade dos actos do concello.
  • Das contratacións cando o seu importe supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento.
  • A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión.
  • A concertación de operacións de crédito nas que a súa contía acumulada, dentro do exercicio económico, exceda do 10% dos recursos ordinarios do orzamento.
  • A adxudicación das concesións sobre os bens e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos a lexislación patrimonial cando o seu valor supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento.
Está integrada polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, sendo separados e nomeados libremente polo alcalde dándolle conta ao pleno.

A actual Xunta de Goberno Local está integrada por (BOP Ourense 10.07.2015):
  • Xurxo Rodríguez Méndez
  • Alfredo Fernández Rodríguez
  • Rita María Lago Ozores
  • Rafael Carrizo Peña
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com