Ir arriba

Xoves, 28 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Luns, Xoves, 28 de Marzo do 2024

Castrelo de Miño modifica accesos e instalacións para mellorar a accesibilidade

Galería de fotos

Castrelo de Miño modifica accesos e instalacións para mellorar a accesibilidade
O Concello de Castrelo de Miño iniciou esta semana unha serie de actuacións encamiñadas á mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas na contorna do Parque Náutico de Castrelo, na piscina municipal e no albergue, cumprindo coa normativa sectorial que obriga a concibir como universal o deseño e os accesos a todos os espazos.

As obras son de rápida execución e prevese que rematen a finais do mes de xaneiro, sen que causen trastorno algún para os veciños e os usuarios das instalacións do Parque Náutico. Ascenden a un total de 10.533,51 euros, sendo subvencionadas parcialmente pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dun programa do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de Galicia 2014-2020.

As melloras planificadas desenvolveranse en tres áreas: as do acceso á contorna do Parque Náutico, á piscina municipal e ao albergue e a cafetería. No primeiro caso, levarase a cabo a eliminación de chanzos no acceso aos toldos nos que cada mes celébrase a feira de Castrelo e o do acceso ás prazas reservadas a Persoas de Mobilidade Reducida (PMR).

Para a mellora dos accesos á piscina municipal instalarase unha plataforma que evite o desnivel nas duchas e outras modificacións para converter en accesible o aseos para PMR (barras na ducha e no inodoro). Finalmente, no ámbito do albergue municipal e da cafetería acometerase unha reforma íntegra no aseo de PMR, ademais de dotar de espazo suficiente de xiro na porta de acceso xunto cunha rampla para salvar o desnivel existente. Nas habitacións e nos baños do albergue incluiranse tiradores que substituirán os pomos das portas, ademais de barras e asentos de duchas.

En todos os casos, instalarase a sinalética de instalacións accesibles xunto con sistemas de alarma de emerxencia visual e sonora tanto nos dormitorios do albergue como en todos os aseos.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com