Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, 11 Xunio do 2019

BANDO 7/2019 AVISO A POBOACIÓN PROBA DAS SEREAS DA PRESA DE CASTRELO

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
BANDO 7/2019 AVISO A POBOACIÓN PROBA DAS SEREAS DA PRESA DE CASTRELO
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
AVISO A POBOACIÓN PROBA DAS SEREAS DA PRESA DE CASTRELO. 7/2019
Dentro dás medidas de Implantación do Plan de Emerxencia da presa de Castrelo, o próximo xoves 19 de xullo de 2019, realizaranse probas das 4 sereas instaladas para alertar a poboación.
 
A sinal será audible nas proximidades da presa, no Concello de Ribadavia ademais no Concello de Castrelo e de Arnoia, entre as 9:00h e as 13:00h.
 
Ao escoitala, a poboación poderá continuar normalmente coas súas actividades xa que e unha proba de funcionamento.
 
Gas Natural Fenosa está implantando o Plan de Emerxencia da presa de Castrelo, deseñado para incrementar as garantías de seguridade. Entre outros aspectos, establécense diversos procedementos para o suposto de que se produzan incidencias no normal funcionamento da presa. Actuacións semellantes estanse a desenrolar no resto de presas do estado e proximamente farase tamén a presa de Albarellos.
Esta fase da implantación realízase coa colaboración da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e os concellos afectados.
 
Para un maior coñecemento do Plan de Emerxencia da presa de Castrelo, realizaranse, nun futuro próximo, reunións coas poboacións próximas a presa e augas abaixo da mesma. Así mesmo, elaboraranse unha serie de folletos informativos que serán distribuidos polos concellos a poboación
 
O que se fai público para xeral coñecemento.
 
Castrelo de Miño, 19 de xuño de 2019.
 
 
 
 
Xurxo Rodríguez Méndez
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com