Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, 11 Xunio do 2019

BANDO 4/2019 APERTURA DE NOVO SERVIZO EN CASTRELO DE MIÑO: CASAS DO MAIOR (VIDE E PARADELA)

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
BANDO 4/2019 APERTURA DE NOVO SERVIZO EN CASTRELO DE MIÑO: CASAS DO MAIOR (VIDE E PARADELA)
APERTURA DE NOVO SERVIZO EN CASTRELO DE MIÑO:
CASAS DO MAIOR
(Vide e Paradela)
 
 
4
 
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO  
FAGO SABER que tras a convocatoria realizada pola Consellería de Política Social para a creación dun novo servizo, ampliando así a oferta de Servizos Sociais da Xunta de Galicia dentro do sistema de dependencia, o Concello de Castrelo de Miño puxo a disposición dúas instalacións públicas acondicionadas para que as casas do maior estiveran en funcionamento no noso concello, unha en Vide e outra en Paradela.
 
Características dos servizos que prestan:
  • Atención a persoas maiores de ata 8 horas ó día de luns a venres.
  • Actividades de lecer, didácticas e terapéuticas.
  • Servizo de comida, almorzo e/ou merenda según proceda.
  • Atención individualizada, máximo de usuarios por cada casa do maior é de 5 persoas.
  • Control da medicación durante o tempo que dure a estancia.
  • Custo: GRATUITO, a excepción da manutención que serían 5€/día.
 
Requisitos:
  • Ser maior de 60 anos.
  • Estar valorada/o de dependencia cun Grao I ou Grao II.
Para máis información, inscricións e envío de solicitudes poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño, solicitando cita previa no teléfono 988.49.30.00
 
 
O que se fai público para xeral coñecemento.
 
Castrelo de Miño, 10 de xuño de 2019.
 
 
 
O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez.
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com