Ir arriba

Venres, 29 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Mércores, Venres, 29 de Marzo do 2024

Bo ano 2019! O novo almanaque chegará a todos os domicilios de Castrelo a partires de Reis.

Este será o noveno ano que se leva a cabo esta iniciativa de promoción cultural.

Galería de fotos

Bo ano 2019! O novo almanaque chegará a todos os domicilios de Castrelo a partires de Reis.
O concello de Castrelo de Miño, felicita a todos os seus veciños/as a chegada do ano novo, e como xa é tradición entregará en todos os domicilios un Almanaque Municipal do ano 2019.
O almanaque consta dunha páxina na que se recolle un directorio municipal con todos os contactos do Concello, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes promocionais do concello de Castrelo de Miño.
Este é o noveno ano que se leva adiante esta iniciativa. Neste ano 2019 voltará a repetirse a edición e reparto do almanaque, xa que foi unha das iniciativas máis demandadas polos veciños e veciñas de Castrelo de Miño. De feito, como se pode apreciar recolleronse varias solicitudes e suxestións veciñais aos almanaques de anos anteriores para melloralos. Entre outras:
- Un recadro en branco en cada día para poder facer anotacións.
- Incorporación do santoral, con todos os nomes en galego para fomentar a normalización lingüística.
- Indicacións das datas do cambio de estacións
- Indicación das datas do cambio de hora no inverno e no verán
- Indicación das datas da feira de Castrelo de Miño.
- Incorporación dun listado municipal con todos os contactos e servizos que presta o Concello de Castrelo de Miño.

Este almanaque do ano 2019, foi un calendario feito polos propios veciños, xa que se contou coa colaboración desinteresada de moitos veciños que foron achegando as súas fotografias. Ademais, apuntan as autoridades municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Por outra banda, tamén ten unha función turística e promocional fóra de Castrelo de Miño, xa que está previsto a súa distribución en distintas feiras turísticas.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com