Ir arriba

Venres, 29 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Luns, Venres, 29 de Marzo do 2024

BANDO 17/2018: XUNTOS POLO NADAL

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
BANDO 17/2018: XUNTOS POLO NADAL
FAGO SABER: A Consellería de Política Social, organiza este programa, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nas datas de Nadal.
 
REQUISITOS:
  • Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado nalgún concello galego.
  • Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  • Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia
 
ONDE: Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
DATAS: entre o día 23 de decembro de 2018 e o día 7 de xaneiro de 2019.
SERVIZOS QUE COMPRENDE:
  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde Ourense ata a residencia de tempo libre.
  • Actividades de animación sociocultural.
 
CUSTO: dende 0 € ata 50 € máximo.
PRAZO: O prazo de presentación será ata o día 15 de novembro incluído
INFORMACIÓN e solicitudes Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño. Pedir cita no 988.49.30.00.
 
 
O que se fai público para xeral coñecemento.
 
Castrelo de Miño, 18 de outubro de 2018.
O Alcalde
Xurxo Rodríguez Méndez
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com