Venres, 02 de Maio do 2025
Xurxo Rodríguez Méndez, alcalde do Concello de Castrelo de Miño (Ourense)
FAGO SABER que en base ao cumprimento da Lei 2/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e as modificacións aprobadas o 28 de decembro de 2017 polo Goberno da Xunta de Galicia, as faixas de protección que os propietarios deben manter rozadas e libre de árbores nas distintas vias públicas é a seguinte:
PIÑEIROS, EUCALIPTOS OU ACACIAS:
- 4 metros desde o límite do dominio público
ESPECIES FRONDOSAS CADUCIFOLIAS:
(castiñeiro, sobreira, carballo, nogueira...)
- 2 metros desde o límite do dominio público
- Os propietarios ou responsables deberán cortar ditas árbores antes do 31 de maio de 2018.
- No caso de incumprimento remitirase ao propietario unha notificación cun requerimento onde se lle dá un prazo para executala, podendo realizarse unha execución subsidiaria imputándolle os gastos ao interesado e expoñéndose ás sancións por infraccións leves, graves ou moi graves que contempla a Lei.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Castrelo de Miño, 24 de abril de 2018
Xurxo Rodríguez Méndez
Achégase máis información no cartel da Xunta de Galicia que acompaña este BANDO.
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com