Ir arriba

Xoves, 28 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, Xoves, 28 de Marzo do 2024

Música, viño e gastronomía, na 5ª edición do Ribeiro Blues Wine Festival

A celebración terá lugar os días 10 e 11 de agosto no parque náutico de Castrelo de Miño.

Galería de fotos

Música, viño e gastronomía, na 5ª edición do Ribeiro Blues Wine Festival

O parque náutico de Castrelo de Miño volverá a ser o escenario da quinta edición do Ribeiro Blues Wine Festival, cun cartel musical no que se darán cita artistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, os días 10 e 11 de agosto. A presentación desta iniciativa cultural tivo lugar hoxe na Deputacion de Ourense, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez; e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares.

A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa que se converteu "nunha cita ineludible no calendario festivo de Ourense, a través da cal, Castrelo de Miño promociona un sector estratéxico para a nosa provincia, como é o vitivinícola, cunha proposta innovadora e de vangarda", sinalou Rosendo Fernández, quen animou a todo o mundo a que se achegara a este celebración "que terá lugar nun marco incomparable e na que poderán gozar dun completo programa musical acompañado polos viños do Ribeiro".

Pola súa parte, o presidente do Consello Regulador da D. O. Ribeiro dixo que este evento é "unha maridaxe perfecta entre varias formas de cultura: a do viño, a musical e a do noso territorio" e lembrou que o Ribeiro é "un tesouro galego" que quere achegarse "ao sector dos novos consumidores, de aqueles que principian a súa andadura no mundo do viño". Así mesmo, Juan Manuel Casares destacou que Castrelo de Miño é "un dos núcleos principais que abrangue a Denominación de Orixe do Ribeiro e o que os asistentes á este Festival se van atopar alí é unha selección suficientemente representativa do que hoxe se está a facer no Ribeiro".

O Ribeiro Blues Wine Festival é un "festival que se consolida no calendario do verán de toda Galicia, no que a música e a gastronomía están ao servizo do noso principal recurso: as adegas e os colleiteiros da Denominación de Orixe do Ribeiro", explicou o alcalde de Castrelo de Miño, quen explicou que entre as novidades de esta edición atópase a incorporación "dun patrocinador principal "Red Eléctrica de España", o que nos permite dar un paso adiante e poder falar do mellor festival de Blues de Galicia".

No cartel deste ano destaca "un trío de ases" -dixo Xurxo Rodríguez- que son Raimundo Amador, Martha High de USA e Claudio Gabis de Arxentina, "que van a estar acompañados polas mellores bandas españolas e galegas como: Mad Martin Trío, Susan Santos, Deteriorados ou Pardo. E como broche final pecharán as noites sesións dj a cargo de RBWF e Isaac Pedrouzo". As actuacións comezarán ambos días ás 21.00 horas.

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com