Ir arriba

Venres, 19 de Abril do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Mércores, Venres, 19 de Abril do 2024

BANDO 10/2019: Contratación de 5 traballadores para a prevención e defensa de incendios forestáis.

ESTEBAN SUÁREZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)
BANDO 10/2019: Contratación de 5 traballadores para a prevención e defensa de incendios forestáis.
CONTRATACIÓN DE 5 TRABALLADORES

PARA A PREVENCIÓN

E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.

10/2019

ESTEBAN SUAREZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
 
FAGO SABER que no Boletín Oficial da Provincia N° 169 do mércores 24 de xullo de 2019 publicáronse as bases para a contratación dunha brigada de prevención e defensa de incendios forestais:
 
  • Un xefe de brigada (Enxeñeiro de montes, Enxeñeiro técnico forestal, Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente).
  • Catro peóns de brigada 
    Realizarase un contrato de obra/servizo para as labores de prevención e defensa de incendios forestais polo tempo determinado no Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Medio Rural (3 meses).
     
    Todos os interesados en participar deberán inscribirse desde o día 25 de xullo e como máximo ata o luns 29 de xullo de 2019. As bases e instancias estarán dispoñibles na web municipal www.castrelo.gal e no do propio taboleiro da Casa do Concello.
     
    O que se fai público para xeral coñecemento.
    Castrelo de Miño, 24 de xullo de 2019
O Alcalde, Esteban Suárez Méndez.
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com