Ir arriba

Venres, 29 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, Venres, 29 de Marzo do 2024

O I ENCONTRO AUTONÓMICO DE CONSELLOS DE PARTICIPACIÓN INFANTIL, CELEBRARASE EN CASTRELO DE MIÑO

Galería de fotos

O I ENCONTRO AUTONÓMICO DE CONSELLOS DE PARTICIPACIÓN INFANTIL, CELEBRARASE EN CASTRELO DE MIÑO
O I Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil celebrarase en Castrelo de Miño
Organizado por UNICEF, terá lugar os vindeiros 8 e 9 de xuño nas instalacións do Albergue Municipal sito no parque náutico.
Participarán 50 representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente dos diferentes concellos de Galicia.

Unicef Galicia organiza o I Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil os días 8 e 9 de xuño. Neste encontro participarán 50 representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente dos diferentes concellos de Galicia

Dito encontro ten dous obxectivos: por un lado intercambiar experiencias entre os diferentes consellos de participación infantil e adolescente de Galicia, e por outro dar aos rapaces e rapazas a posibilidade de opinar e debater sobre temas que son do seu interese, considerando o marco de dereitos de infancia, e como espazo exclusivo de participación de rapaces e rapazas, facilitado por un equipo de dinamización e no marco do programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF.

UNICEF organiza dito programa co fin de promover a inclusión da infancia e da adolescencia nas políticas municipais, promovendo a planificación en materia de infancia, a dotación de recursos e a promoción da participación infantil.

Os participantes aloxaranse no albergue municipal entre os días 7 e 9 de xuño.

Para o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez "é toda unha honra que o noso concello sexa a sede deste primeiro encontro galego, e agradecemos a UNICEF esta pequeno agasallo de ser a sede deste evento, en recoñecemento a termos sido o primeiro concello de Galicia certificado como Cidade Amiga da Infancia. A día de hoxe en Castrelo de Miño temos operativas as seguintes medidas destinadas á infancia e á adolescencia: casa-niño de 0 a 3 anos, colexio de 3 a 12 anos, actividades extraescolares, escolas deportivas, reforzo de estudios como cursos de informática, voluntariado xuvenil en actividades culturais e deportivas, e transporte baixo demanda para que os menores poidan acudir a todas estas actividades"

Nas fotografías:
- Alcalde de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez, Presidenta de UNICEF Galicia Myriam Garabito, Concelleira de Ensino Maribel Rodríguez
- Varios membros do consello de participación infantil e adolescente de Castrelo de Miño.
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com