Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Venres, 03 Novembro do 2017

Bando 22/2017: Xuntos polo Nadal

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
Bando 22/2017: Xuntos polo Nadal
FAGO SABER: Consellería de Política Social, organiza este programa, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nas datas de Nadal.

REQUISITOS:
-    Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
-    Estar empadroado nalgún concello galego.
-    Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
-    Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia
   
ONDE:
Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
DATAS: entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018.
SERVIZOS QUE COMPRENDE:
-    Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
-    Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
-    Desprazamento en autobús desde Ourense ata a residencia de tempo libre.
-    Actividades de animación sociocultural.

CUSTO: dende 0 € ata 50 € máximo.
PRAZO: O prazo de presentación será ata o día 17 de novembro incluído
INFORMACIÓN e solicitudes Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño. 
Pedir cita no 988.49.30.00.

O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 27 de outubro de 2017
O alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez
Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com