Ir arriba

Venres, 26 de Abril do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Axenda

Curso preparatorio para a obtención do CELGA 4 no IES O Ribeiro

  • luns, 13 Marzo do 2017
  • IES O Ribeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia mantén aberto ata o 28 de marzo o prazo de inscrición para a obtención dos certificados de Lingua Galega CELGA, niveis 1, 2, 3 e 4. Estes certificados, amplamente requiridos no ámbito laboral, e preceptivos para o ingreso nas administracións públicas, facilitan o coñecemento e o dominio da lingua galega por niveis.

As persoas interesadas, que haberán de ser maiores de 16 anos ou cumprilos no ano da convocatoria, que se matriculen de CELGA nivel 1 poderán seguir o seu desenvolvemento na modalidade de teleformación. Para os restantes niveis, necesariamente haberán de ser en modo presencial.

Nesta última modalidade impartirase o CELGA nivel 4 no IES O Ribeiro de Ribadavia (Rúa Irmáns Álvarez Araújo, 5), do 17 de abril ata o 9 de xuño, de luns a venres, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

As solicitudes para o nivel 1, impartido na modalidade de teleformación, haberá de facerse telemáticamente na web www.lingual.gal. Con respecto ao resto de niveis, e especialmente ao impartido en Ribadavia, o modelo ED104B haberá de dirixirse á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, ou a través de www.sede.xunta.gal ou en www.lingua.gal

Para maior información, consultar a resolución da convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia Nº 47, do 8 de marzo de 2017.

Galería de fotos

Localización

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com