Ir arriba

Jueves, 28 de Marzo de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Martes, Jueves, 28 de Marzo de 2024

O domingo celebrouse o Campionato Galego de Remo con grandes resultados para os padexeiros castrelominenses

Camilo Martínez proclamouse campeón galego en skiff cadete mentres que Hugo Gil e Martín Veiga conseguian entrar en terceiro lugar do 2x infantil colgándose así a medalla de bronce.

Galería de fotos

O domingo celebrouse o Campionato Galego de Remo con grandes resultados para os padexeiros castrelominenses
As augas do Miño no Parque Náutico de Castrelo de Miño acolleron o Campionato galego de clubs outriggers de remo nas categorías alevín, infantil e cadete. A cita reuniu ao redor de 150 padexeiros dunha quincena de clubs autonómicos.
Os padexeiros de Castrelo de Miño lograron dúas medallas. Camilo Martínez subiuse ao máis alto do podio no skiff en categoría cadete ao dominala proba sobre a distancia de 1.500 metros. A outra medalla foi o bronce obtido polo dobre skull na categoría infantil masculina. O tándem formado por Hugo Gil e Martín Veiga foron terceiros sobre a distancia de 1.000 metros.
A un paso do podio quedouse o 4 skull cadete de Tomás Villalba, Rubén Rodríguez, Camilo Martínez y Julio César Fernández. Tamén participaron Victor Villamarin en 1x infantil conseguindo un destacado 5º lugar e Rubén Rodríguez e Tomás Villalba en 2x cadete que quedaron en 4º lugar.
Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com