Ir arriba

Jueves, 28 de Marzo de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Martes, Jueves, 28 de Marzo de 2024

Bando 6/2018: Lei de prevención de incendios: Xestión da biomasa ao carón das vivendas

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

Galería de fotos

Bando 6/2018: Lei de prevención de incendios: Xestión da biomasa ao carón das vivendas
FAGO SABER que en base ao cumprimento da Lei 2/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e as modificacións aprobadas o 28 de decembro de 2017 polo Goberno da Xunta de Galicia, as faixas de protección que os propietarios deben manter rozadas e libre de árbores arredor das vivendas é a seguinte:
BIOMASA VEXETAL:
- 50 metros 
PIÑEIROS, EUCALIPTOS OU ACACIAS:
- 50 metros
ESPECIES FRONDOSAS CADUCIFOLIAS:

(castiñeiro, sobreira, carballo, nogueira...)
- 15 metros

-    Os propietarios ou responsables deberán cortar ditas árbores e rozar a biomasa vexetal antes do 31 de maio de 2018.
-    No caso de incumprimento remitirase ao propietario unha notificación cun requerimento onde se lle dá un prazo para executala, podendo realizarse unha execución subsidiaria imputándolle os gastos e expoñéndose ás sancións por infraccións leves, graves ou moi graves.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Castrelo de Miño, 24 de abril de 2018

Xurxo Rodríguez Méndez
Achégase máis información no cartel da Xunta de Galicia que acompaña este BANDO.
Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com