Ir arriba

Jueves, 02 de Mayo de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Agenda

Feira de Castrelo do mes de marzo

  • domingo, 26 Marzo 2017
  • Parque Náutico de Castrelo

O último domingo de mes, Castrelo de Miño celebra a súa tradicional feira. Para esta do mes de marzo, céntrase a súa temática na exposición que Castrelo acolle desde o pasado día 5 ata o 5 de xuño e que rememora o camiño a Santiago que pasaba por Castrelo, o Camiño Miñoto-Ribeiro. Esta será unha boa oportunidade para facer compras e visitar, na Sala TurCastrelo, no edificio do Parque Náutico, encima da feira, esta exposición que, ademáis, conten numerosas obras dedicadas ao noso municipio.

Ademais disto, os que asistan seguirán podendo gozar de lecer, gastronomía e mercado, onde se poderán atopar produtos naturais, maquinaria, utensilios, artesanía ou plantas, entre outros. Todo iso o domingo 26 na localización tradicional da feira, detrás do Parque Náutico de Castrelo.

Galería de fotos

Localización

Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com