Ir arriba

Jueves, 18 de Abril de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Jueves, Jueves, 18 de Abril de 2024

A Casa Niño 'Os Paxariños' xa está na rede

A Casa Niño 'Os Paxariños' xa está na rede
A Casa Niño O Paxariños de Castrelo conta con nova web-blogue na que a encargada da mesma, Alba García, comparte as actividades educativas que realiza neste novo servizo en Castrelo. En https://ospaxarinhos.github.io/ quérese potenciar e comunicar as actividades que os 5 nenos e nenas que acoden diariamente realizan desde un prisma pedagóxico.

A pesar de que non se trata dunha etapa educativa obrigatoria, os beneficios das actividades realizadas inflúen notablemente no comportamento e nas destrezas dos pequenos. Así, por exemplo, a través dunha serpe de cores manteñen unha mellor precisión a través da concentración, ata que o pequeno domina os seus movementos coa coordinación. A concentración segue sendo un elemento importante tamén con outra das actividades, a de pescar obxectos que flotan cunha culler perforada.

Nos catro meses que leva aberta, en Os Paxariños tamén traballaron o outono ou as festas populares como o entroido. A través de diferentes elementos que evocan o outono, os pequenos puideron descubrir novas texturas, mostrar curiosidade e creatividade á vez que aprenden a respectar a natureza.

A Casa Niño de Castrelo de Miño atópase aberta de luns a venres na planta alta da antiga escola de Prado-Vide, de 8 da mañá a 4 da tarde. Para máis información: 671 467 937 ou ospaxarinhos@gmail.com
 

Enlaces externos

Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com