Ir arriba

Sábado, 20 de Abril do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Axenda

Charla de primeiros auxilios e sistemas de retención

  • venres, 03 Marzo do 2017
  • 17:30 h
  • Salón de Actos da Casa do Concello

Castrelo de Miño acolle un relatorio sobre aprendizaxe de primeiros auxilios infantoxuvenís e sistemas de retención infantil.

O obxectivo perseguido é dobre. Por unha banda, que calquera persoa no ámbito familiar -aínda que incidindo no papel das nais e pais- poida iniciarse nas técnicas de primeiros auxilios e aprender como actuar ante un accidente que poidan sufrir os seus fillos e fillas.  O encargado de impartir esta sección será David Sánchez Campos, médico de Emerxencias, que ensinará aos asistentes a actuar de modo inmediato a través de coidados adecuados e provisionais a persoas accidentadas antes de ser atendidos por persoal sanitario. Centrarase especialmente en auxilios no ámbito familiar, tales como a atención ante unha asfixia, asma, agarrotamento ou unha simple queimadura.

Por outra banda, Sinda Aguiar, coordinadora provincial de Educación Viaria, incidirá na normativa sobre sistemas de retención infantil, isto é, que tipo de cadeiras deben usar os nenos e nenas ao viaxar en coche segundo a súa idade, peso ou estatura. Isto non sempre se realiza de maneira correcta, polo que a relatora centrarase en aclarar a normativa que as regula e o uso adecuado destas cadeiras. Ademais diso, engadirase unha parte de educación viaria na que os asistentes coñecerán as causas principais dos accidentes por estrada, as velocidades regulamentarias ou o significado dos principais sinais.

Esta charla encádrase dentro do Programa de Educación Familiar do Concello de Castrelo de Miño, financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, e a colaboración do Consello Infantil de Castrelo.

Galería de fotos

Localización

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com